Friday 03 de May de 2024

O Concello reforma o acceso á Praza do Relleno


 Trátase dunha intervención para facilitar a entrada aos autobuses

O Concello de Ponteceso vén de reformar o acceso á Praza do Relleno. O executivo local impulsou esta pequena intervención co fin de facilitar a entrada ao espazo aos autobuses. Para iso, ancheou o paso intermedio a nivel entre a estrada e a praza, xa que as anteriores dimensións non eran axeitadas para o tamaño dos autobuses.

Esta intervención supón unha evidente mellora na accesibilidade para todo tipo de vehículos, pero non modifica o plantexamento de estacionamento na Praza, na que só se segue permitindo o aparcamento de taxis e autobuses.

O Concello de Ponteceso quere agradecer ao colectivo de taxistas a paciencia que tiveron durante os traballos de mellora levados a cabo nos últimos días.